18/2/24

"COCIDO" XUNTANZA VECIÑAL

A comunidade da nosa vila reuniuse para gozar dunha festa especial, dun saboroso cocido. A comida serviu para fortalecer a amizade e o compañeirismo entre todos. Despois da comida xogouse ao bingo, facendo que a tarde fose moi divertida. Grazas a todos os que se organizaron e traballaron para que todo fose perfecto.

24/12/23

NADAL 2023

Un grupo de veciños xuntámonos para decorar un pouco o noso pobo (pobo humilde, decoración humilde). Desexámosvos que este Nadal traia moita paz e alegría as vosas casas. Ines, Pichuco, Carlos, M luz Barreira, Elisa, Manolo, M luz, Charo, Kiko, Fatima, Marisol, Maritiña, M Carmen e Martiño.
 




















2/11/23

DIA DE TODOS OS SANTOS 2023

Un día triste de inverno. É a primeira vez que non se celebra misa neste día tan importante na vila. O cemiterio, como todos os anos, está moi decorado con flores en homenaxe aos nosos familiares falecidos.

23/9/23

EXCURSIÓN A MEIS E CAMBADOS

A comunidade de Montes do Freixo coa colaboración da deputación de Pontevedra organizou unha excursión a Meis, onde puidemos visitar o Mosteiro de Armenteira, a ruta da pedra da auga, os muíños do Batán, o Monte do Castro e para rematar unha visita a Cambados.

28/8/23

ESCURSIÓN ÁS ILLAS CIES

A  Comunidade de Montes do Freixo coa colaboración da Deputación de Pontevedra onganizaron unha excursión ás Illas Cies. O bo tempo o lugar paradisíaco e a boa compañia fixeron que o día fose espectacular. 

18/8/23

DIA DO CAN 2023

Un día de festa tranquilo para a xente do pobo. Misa as 13h con procesión e pola noite queimada e a charanga VAI de BAILE. 


17/8/23

SAN ROQUE 2023


Día de San Roque, o noso patrón, misa solemne ás 13.00 horas con procesión acompañada pola charanga VAI DE BAILE e pola noite vervena cos tríos AZAR e KARMA.

15/8/23

ROMARÍA VIRXEN DO CAMIÑO 2023

Trátase dunha romaría campestre que atrae a moitos veciños das localidades da contorna, uns por motivos relixiosos na que se celebra unha misa e sácase o santo en procesión e outros só para pasar un agradable día con amigos e familiares degustando un bo polbo, empanada, rosquillas e todo animado . por un grupo de gaitas

                                

PIMENTADA 2023

13/8/23

6ª ADAINA "RUTA COTO DA CRUZ"

Despois duns anos de inactividade, hoxe retomamos a nosa ruta anual coa posibilidade de facer exercicio ao aire libre a través de impresionantes pasaxes rodeados de natureza e para rematar unha sabrosa comida no souto da capela do Cruceiro Quebrado. 

25/6/23

LIMPEZA NO POBO


Hoxe día de San Xoan realizasé a limpeza anual na vila. Agradecer aos veciños a súa participación, grazas á súa colaboración o noso pobo vese máis limpo e bonito, foi un xesto de solidariedade e compromiso.

6/11/22

A DESPEDIDA DE JOSE ( Párroco do Freixo)

Para o Freixo foi un bo cura,
pero sobre todo un bo amigo,
unha persoa que colaborou 
en todos os traballos 
e actividades que se realizaron 
no pobo. 
Vaise unha persoa moi querida.
Grazas por todo, 
Boa sorte na nova etapa da túa vida.



2/11/22

DIA DE TODOS OS SANTOS

Este martes 1 de novembro a igrexa celebra a festa de todos os santos, ese día é para honrar a memoria dos nosos familiares falecidos, decorando con flores os cemiterios.


17/8/22

SAN ROQUE 2022

   

Dia grande no pobo en honor a San Roque, con misa solemne as 13h, sen procesión por mor das choivas. San Roque escoitou as oracións de todos desexando a choiva nun verán moi caluroso e seco. A noite vervena amenizada polo trio XTRA e o dúo D,VICIO.

26/6/22

LIMPEZA NO POBO


Hoxe fíxose a limpeza anual na nosa aldea (zonas comúns), manantiais, cemiterio, parque, chiringuito, turreiro, muiño, etc..traballouse moito pero é necesario para que non teñamos un pobo abandonado. Grazas a todos os que participaron.

21/6/22

CORPUS 2022

Celebración do Corpus Christi, este ano nun día de choiva por tal motivo realizáronse as alfombras florais no interior da igrexa.

28/4/22

MOLLAPAN

 O barrio de Mollapan quedou así de bonito logo de finalizar as obras de construción un muro de contención e acondicionamento das pistas.

22/8/21

CONCURSO DE HORTAS. VIDEOS MAIS VOTADOS

Resultados das votacións que se fixeron a traves do grupo de WhatsApp dos veciños e os videos máis votados. 


VIDEOS( FESTA DE SAN ROQUE 2021)


video da tarde-noite de San Roque na que nos fixeron pasar un día divertido sen contar ( todo foi improvisado), IAGO e MANUEL. Moitas grazas os dous e por suposto as bailarinas




 

4/7/21

O MIRADOIRO RECUPERA A SÚA CRUZ

.

Colocouse a cruz de pedra orixinal no miradoiro do Coto da cruz, despois de que no ano 2016 por causas descoñecidas desaparecese, atopándose logo tirada no monte. Foi substituída por outra que non estaba mal, pero nada que ver coa actual
Clima Crecente